2012/05/27

Caramiña creativa 2012



Mañá no IES da Pobra temos o luxo de contar con catro artistas das nosas letras para que reflexionen connosco sobre a creatividade desde diferentes perspectivas.

Uxía Casal ofrecerá unha visión da creatividade en xeral.
Antón Riveiro Coello falará da especificidade da creatividade literaria.
Rosa Aneiros responderanos a preguntas como: De onde nacen as historias?  ou se estas se buscan ou veñen?
Marcos Calveiro realizará unha reflexión sobre principio e final.

En nome do EDLG do IES e no meu propio gustaríame agradecerlles publicamente a súa xenerosidade por compartir connosco de xeito desinteresado tanto o seu tempo como o seu traballo.

3 comentários:

Dept.Biblioteca disse...

Quen puidera estar alí, non deixes de publicar unha síntese para que poidamos compartilo.
Graciñas, Anxos.

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

Noraboa á Coordinadora do EDLG, polo excelente traballo levado a cabo no IES da Pobra. A súa valía profesional queda fóra de toda dúbida. Grazas Pilar.