2009/02/27

Entroido 2009 - Viana do Bolo

CLICANDO AQUÍ podes ver a presentación do álbum en Flickr a pantalla completa.

2009/02/21

Mundo Flickr

Confésoo, caín nas redes de Flickr.


Que é Flickr?
Flickr é unha aplicación de balde que che permite buscar, administrar e compartir fotos en liña.

Cantas fotos hai en Flickr?
Flickr comezou sendo un xogo en liña en 2004. Só catro anos despois, o 4 de novembro de 2008 as fotos subidas eran:
3000000000 = 3 mil millóns
Se temos en conta que aproximadamente se soben unas 3000 fotos por minuto, que alguén bote contas.

Só hai fotos?
Non, desde hai un tempo tamén se poden atopar vídeos, pero de momento é un uso minoritario.

En que idiomas se pode utilizar?
Flickr só se pode utilizar en 8 idiomas, non hai Flickr en galego, pero si o temos en portugués e español.

2009/02/19

A corpo aberto de Manuel Rivas



A última obra de Manuel Rivas, A corpo aberto, é unha recompilación de artigos publicados no xornal El País e na revista Integral onde o autor expresa o seu xeito de ver o mundo dende un posicionamento «Indie», libre, crítico e militante. O escritor a corpo aberto, cédelles a propia voz a aqueles que desde a súa perspectiva defenden as causas xustas: o ecoloxismo, a memoria histórica, a liberdade, a visibilidade da muller, a honradez política ou o respecto á vida animal, entre outras.

A primeira parte está dedicada á análise da «España do Último Día», a da crispación da era Aznar. Aquí convertémonos en periferia, o centro é Madrid e atopamos os temas que nos poderia ofrecer calquera analista político do reino, pero peneirado pola visión literaria de Rivas, tan lonxe do copy / paste ao que nos ten tan afeitos a prensa actual. Botamos de menos aquí algunha cita a pé de páxina explicando quen é quen, un elemento textual que axudaría a manter a vixencia da obra pasado certo tempo.

A segunda parte, titulada «Amnesia retrógada», céntrase na denuncia da desmemoria histórica, tanto na Guerra Civil, como na posguerra e na ditadura franquista, así como tamén na arxentina a través do caso da familia Oesterheld.

A terceira parte está dedicada á revolución do mar, aquí somos centro, e o autor máis ca ninguén, convertido en cronista e protagonista. Reivindica así a traxectoria do movemento cívico galego na aventura d’ O Xurelo, no desastre do Prestige, no nacemento de Nunca Máis e na ocupación das Encrobas.

Na última parte, «Re-existencias», o autor abandónase máis á forza da literatura e atopamos algúns dos mellores textos da obra: «O ganso salvaxe e o cazador acazapado», «As formas dos tesouros», «A ópera das ras» ou «A felicidade clandestina».

Manuel Rivas é un autor de lectura varia e ben aproveitada, isto é, un erudito, que se afasta da linguaxe xornalística común polos vieiros da literatura. Gusta de compartir o que le e sempre se lle agradece a lealdade coa cita textual, aínda que por exceso poida chegar mesmo á cita da cita.

Cómpre felicitar a Vicente Curtis polas fotos da cuberta e contracuberta que resumen os contidos básicos da obra (ecoloxismo, memoria, dor e literatura) e onde por estar, ata está a arañeira literaria de Virginia Wolf. E ollamos as fotos da obra, pucas, moi poucas, mais as xustas. Son as fotos das tres familias: a do sangue (a do autor), a da solidariedade (a das catro fillas de Elsa e HGO) e a do compromiso (a familia d’ O Xurelo, os tripulantes dunha noz de esperanza no medio do Atlántico).

E leo e desleo "O ganso salvaxe" e volvo crer nos tesouros, neses que as mans escritoras deixan por aí, "camuflados", para nos agasallar coa felicidade clandestina. Pilar Ponte.

Crítica publicada en prensa no Faro da Cultura (suplemento do Faro de Vigo) o 19 de febreiro de 2009.

_______________

Outros enlaces relacionados co autor e con esta obra:

O autor en: Galipedia, Praza das Letras, AELG, Biblioteca Virtual Galega, Cátedra Miguel Delibes, Galaxia, lg3 e Xerais.

2008/12/09 Manuel Rivas e Teresa Moure no Diario Cultural. (audio)

2008/12/08 Entrevista en Falemos de Libros no Cultur.gal. (vídeo)

2008/11/26 Entrevista en Vieiros.

*** Enlaces relacionados coa versión traducida ao castelán.

2009/02/08 Entrevista en Página 2 de Televisión Española. (audio)

2009/02/08 Entrevista en Página 2 de Televisión Española. (vídeo)

2009/01/26 Entrevista e caricatura en Nanocartoon.

2008/11/26 Entrevista en Periodista Digital. (vídeo)

2009/02/10

OppenOffice en galego e titoriais en español

Clica aquí para descargar o OpenOffice 3.0.0 en galego.

Para as persoas que non estean familiarizadas con este programa deixo tamén catro titoriais para a realización de presentacións con OpenOffice realizados polo usuario chileno deumart colgados en YouTube.